A Ciencia Detrás da Disciplina

Este artículo fai referencia a unha practica bastante extendida nas nosas escolas e, sobre todo, institutos: a expulsión temporal dun alumno do centro educativo como medida disciplinaria.

Dr. Ross Greene, autor do libro The Explosive Child e fundador da ONG, Lives in the Balance, avoga por unha práctica de disciplina positiva. Da mesma maneira, existe unha liña de avogacía nos países anglosaxóns que propón a decriminalización das escolas e institutos como forma de defensa fronte á chamada Canle da Escola ao Cárcere (School to Prison Pipeline), pola cal os alumnos e alumnas de minorías étnicas e de ascendencia social baixa, así como os alumnos con neuroloxía diversa da norma e os varóns sufren castigos e expulsións nunha porcentaxe significativamente máis alta ca o resto.

Chama a atención que este artigo precisamente fala do caso dun rapaz de clase media alta, raza branca e gran expediente académico. A consecuencia neste caso foi tráxica e inmediata, pero nos meus postos de sustitución no Centro Santo Anxo de Rábade e Concepción Arenal, de Coruña, vexo sobre todo a primeira historia: nenos e nenas de familias extranxeiras, de etnias minoritarias coma os moinantes ou os xitanos, e de reductos de barrios de orixe obrera nas nosas cidades industriais, que comezan o seu descenso ata un abismo moitas veces sen retorno, na súa primeira expulsión temporal do instituto.

Evidentemente, iso é algo no que se pensa pouco cando un se compromete a traballar no ensino. De feito, a min sorprendiume en sobre manera.

Por iso comparto o artigo e explico a situación. Para que quizáis reflexionemos un pouco de cara ao papel que teñen os nosos centros como lugares de perpetuación de situacións de exclusión social e marxinación á raiz de prácticas disciplinarias moi enraigadas.

Bó Nadal!

Deja una respuesta